Só o CD Arenteiro venceu na segunda xornada da 3ªGalega

Segunda xornada da 3ªGalega, e segunda xornada con sorte dispar para os nosos equipos. Só o CD Arenteiro resultou vencedor, logo de impoñerse por 2-0 ó Ourense CF no derbi desprazado a Barbantes por mor da crise sanitaria e nun partido intenso no que ambos equipos acabaron cun home menos polas expulsións de Pol e Óscar Lorenzo, ambas no último cuarto de hora e xa co 2-0 no marcador grazas ós goles de Marquitos e Javi Pazos.

Quen tamén segue sen coñecer a derrota, pero que neste caso non pasou do empate, foi o CD Barco, que igualou como local ante o Alondras nun encontro completo dos locais, que mesmo se adiantaron no marcador co tanto de Vera, pero que non foron quen de conservar a renda.

Segue sen puntuar unha UD Ourense, que deixou boa imaxe e mesmo se estrelou na mandeira da meta do Arosa CF. Os visitantes adiantáronse moi cedo, no minuto 12, e a partir de ahí os locais tiveron que remar contracorrente; a pesar dos esforzos feitos, non puideron bater a meta rival e quedan co casilleiro a cero, pero con boas sensacións no que a xogo se refire.

Así o viron os adestradores

Rubén Domínguez (Ourense CF): “Debemos insistir e madurar nos momentos claves dos partidos”

Manolo Pérez (CD Barco): “Pagamos caro un dos poucos erros que tivemos. O equipo foi de menos a máis, completando un bo partido, que non gañamos”

Currás (UD Ourense): “Partido ben xogado pola nosa parte ante un poderoso Arousa que nos impediu sumar, pero que nos marca o camiño a seguir… a seguir insistindo e mellorando”

Fran Justo (CD Arenteiro): “Boa vitoria e bo partido”