Palabra de… Jandro Novoa (segundo adestrador e preparador físico do Rácing Vilalbés)

Estreamos sección; “Palabra de…” será un espacio aberto a diferentes protagonistas do fútbol provincial no que reflexionarán sobre un tema libre que eles escollerán relacionado sobre o fútbol. Para estrear a sección contamos con Jandro Novoa, segundo adestrador e preparador físico do Rácing Vilalbés de 3ªDivisión.

Aquí vos deixamos a súa reflexión sobre “A DUDA SOBRE XOGAR BEN”

“Antes de comezar co tema en cuestión, gustaríame valorar ós colaboradores de FubolinOurense o seu traballo divulgador do futbol provincial e autonómico, así como agradecer a oportunidade de contar conmigo para reflexionar sobre un tema que parece non pasar nunca de moda e que volve a coller forza nas últimas semanas a raíz dos éxitos do Xetafe de Bordalás e da chegada de Quique Setién e a súa idea de xogo ao Barcelona.

En primeiro lugar, considero que tódalas persoas que nos dedicamos dunha forma ou outra ao fútbol, deberíamos mostrar respecto por todas as formas nas que é posible entender o noso deporte. Nunca debemos de reducirnos e estamos dalgunha forma obligados a facer un análise crítico, diferenciándonos así da xente que fala dende a barra do bar ou coa súa bufanda do equipo ao que é afeccionado. É natural que haberá  formas de xogar que nos emocionen ou nos gusten máis, pero o primeiro que ten que quedar claro, é ese respecto que ten que existir.

E non só respecto polas formas de xogalo, senon tamén aos corpos técnicos que consideran que esa forma de xogar é a máis adecuada para o seu equipo, xa que son eles os que coñecen de verdade ós xogadores e seguen o seu día a día, ademáis da maior das obviedades que parece que moitas veces olvidamos: eles son os primeiros que queren gañar, e buscan a forma máis fácil mediante as súas decisións de acercarse a iso.  

Unha vez aclarada esta sinal de respecto que debe existir entre os compañeiros de profesión e a profesión en si mesma, podemos seguir avanzando. Afondaremos agora nas diferentes opcións que nos suxiren  as palabras de xogar ben. Para algúns pode ser dar 50 pases para desorganizar ao rival antes de buscar unha chegada á área. Para outros, buscar balóns directos sobre o dianteiro buscando finalizar rápido despois da segunda xogada. Tamén hai quen prefire  manterse moi replegado e buscar saír rápido ó contrataque unha vez recuperado o balón. É o bonito deste deporte, que existen tantas formas de entendelo como persoas que o intrepreten; dentro dos 7000 metros cadrados de verde permítense facer moitos e moi variados comportamentos que fan que todo sexa válido, que nunca estemos cerca da verdade absoluta.

O fútbol dende o punto de vista do afeccionado, guíase moito polas emocións, e a partir delas derivan na opinión definitiva do que pode gardar o concepto de xogar ben. En cambio, dende o punto de vista dos adestradores e corpos técnicos, considero que todos deberíamos de estar dacordo no que esconden esas dúas palabras xuntas. Na miña opinión, un equipo xoga ben, cando partendo dunhas condicións dos xogadores que o forman, se busca unha idea de xogo na que podan acercarse ao seu máximo rendemento dentro da mesma, e a partir de aí, que en todo momento o xogador teña claro o que debe de facer con e sen balón. Dentro desta definición que pode parecer complexa, entran dende os ataques rápidos e verticais do Liverpool, ao repliegue intensivo do Atleti de Simeone, ata o xogo combinativo do Compostela da nosa Terceira Galega.

Porque eu son da idea de que cando un equipo xoga ben, ten unha propia identidade, sendo iso aquelo propio de cada un, aquelo ao que non podes renunciar. Cando vas a ver un partido de calqueira dos equipos que nombramos neste texto, o espectador ten unha idea do que se pode encontrar. Os que traballamos e convivimos diariamente en vestiarios, sabemos a dificultade de conseguir esa identidade. Pero esa debe de ser a meta, onde resida o noso xogar ben. O demáis son emocións, que son igual de necesarias e nos van a levar a desfrutar máis ou menos dalgún tipo de fútbol, pero se nós non nos respectamos por xogar dunha ou outra forma, creo que complicamos e facemos máis feo o noso deporte.