A UD Ourense suma tres puntos vitais ante o Pontellas

So valía vencer e venceu. A UD Ourense foi o único representante da provincia que conseguiu sumar os tres puntos esta xornada logo de impoñerse ó colista, o Pontellas, nun encontro que xa encarrilou no primeiro tempo co gol de Tiago.

Nun partido no que os de Currás foron superiores de principio a fin, Charli, Amin e Hugo reondearían o marcador e deixarían no Couto tres puntos moi importantes que lle permiten meterse de cheo da dura loita que se disputa no medio da táboa.

O outro representante provincial que conseguiu puntuar foi o CD Barco, neste caso na sempre difícil saída ó feudo do Arosa e nun encontro fermoso para o espectador. Comezaron mellor os locais, que se puideron adiantar tras varias ocasións, ata que o acabaron facendo para poñer o 1-0 no marcador.

Cando parecía que máis apretaban os locais reaccinou o cadro de Manolo Pérez, e nun espazo moi breve de tempo antes do descanso dáballe a volta ó marcador grazas ós tantos de Vera e David Álvarez, este de penalti.

Tralo paso por vestiarios o guión non cambiou: encontro moi aberto e con chegadas en ambas áreas ata que o Arosa facía o 2-2 a falta de dez minutos para o final. Ningún dos dous conxuntos se conformou, nin sequera un conxunto valdeorrés que quedaba cun home menos neste tramo final, e de ahí ó final ambos equipos contaron coa súa ocasión para levarse os tres puntos, pero o marcador xa non se movería.

Non puntuaron a domicilio nin Ourense CF nin Arenteiro. Os primeiros pagaron unha mala primeira metade que fixo que chegaran por debaixo (2-0) ó tempo intermedio. En canto ós de Fran Justo, un gol recibido a falta de dez minutos para o final do encontro fixo que sufriran a primeira derrota da campaña, pero aínda así conservan o liderato.

ASÍ O VIRON OS ADESTRADORES:

Fernando Currás: “3 puntos moi importantes para gañar confianza e seguir na pelexa”

Manolo Pérez: “Foi un encontro con moitas alternativas que puido gañar calquera”

Rubén Domínguez: “Regalamos a primeira parte e fomos a remolque”

Fran Justo: “Partido igualado e competido que se decidiu nun detalle”